Ovellas_cifras_dedos_e_cdigos.png

1. É posíbel que algún día descubras de repente que desde uns tempos para aquí os humanos adquirimos a manía de contar. Contar, contar... Non só de contar contos e historias, mais de medir e contar todo con números.

2. É moi probábel que un día de repente visualices que os computadores entenden mellor que ninguén que todo -absolutamente todo- pode ser interpretado mediante números. En realidade os computadores non coñecen outro xeito de entender o universo.

3. Tal vez un día comprendas todo :)

Ou tal vez non :(

Existe unha certa probabilidade de que si e unha certa probabilidade de que non comprendas nada na vida :P

 

Unha certa probabilidade, si, unha certa posibilidade, un xa veremos, un quen sabe... mmm... espera aí!

Será que os ordenadores, tan ordenados eles, poderán saber algo sobre as cousas que ainda van suceder? Será que podemos medir con números a certeza de que as cousas acontezan?

Raios! Será que podemos predicir o futuro!??

 

CONTA E RECONTA_Vicente Mohedano

Sinopse

Voute contar (sic) é un show de divulgación reforzado coa proxección de material audiovisual e a realización de experiencias in situ coa participación directa do público. Foi creado para a edición 2016 de Galiciencia, e está conducido por Vicente Mohedano.

Números! Números de maxia, números musicais, adiviñación do futuro, números dramáticos! Innúmeros números para contarmos a historia da arte de contar con números. Abordaremos conceptos matemáticos relacionados coa probabilidade e os números, visitaremos os rudimentos do código binario e brincaremos coas variábeis dos fenómenos aleatorios.

2016 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos