Orbitamos1.png

Ceos! Desorientados, atravesamos terras, montes e vales. Aventuramos camiños que despois desfixemos, fracasados, desnortados. Mais finalmente ela apareceu. Nin a máis mínima luz artificial perturbaba a súa presenza, e rendidos diante da súa inmensidade deitámonos no chan de brazos abertos. Para admirala. Por fin alí, diante nosa, a envolvernos, a Noite.

Por Plutón! Con tanta luz nocturna a importunar, non resulta nada fácil para a Noite conseguir ser Noite! E son tantos os enigmas que nos mostra, tantos os mistérios que ainda oculta.

Por Saturno! A Noite é un desafío total que nos provoca desde a noite dos tempos. Tantas e tantas estrelas confabulando en constelacións silenciosas; a Vía Láctea atravesando densa o firmamento; discretos luceiros errantes, tan previsíbeis. E esa Lúa alucinada e aluada que non cesa de mirarnos.

Por Xúpiter! Mergullar na Noite é descobrir o Universo ao teu redor. Unha xanela fabulosa na minúscula e delicada pedra voadora que é a nosa terra.

 

SUPERESTRELA_ Vicente Mohedano

Sinopse

Orbitamos! é un show de divulgación reforzado coa proxección de material audiovisual e a realización de experiencias in situ coa participación directa do público. Foi creado para a edición 2017 de Galiciencia, e está conducido por Vicente Mohedano.

Orbitamos! Astronomía de proximidade para non te perderes.

2016 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos