Explorando_a_liguaxe.png

A linguaxe! Usámola a diario tanto para organizarmos os nosos pensamentos como para os transmitir a outras mentes. É a capacidade máis exclusiva dos seres humanos: ningún outro ser vivo posúe linguaxe. É unha ferramenta esencial para a organización, o control e o desenvolvemento social.

E a pesar de todo, a súa aparición no proceso evolutivo continúa a ser un dos maiores enigmas.

Non sabemos nin cando nin como se desenvolveu a linguaxe. Mais temos ideas. Muitas! Neste discurshow indagaremos nalgunhas delas. Ideas que indican que a linguaxe puido aparecer para pensar en cousas que non están diante dos ollos, para imaxinar cousas que non existen. E todo co obxectivo de deixarmos de ser comedores de medula ósea e podermos acceder a unha dieta en condicións.

Discurshow Código Sapiens

Tras o habitual e exhaustivo traballo de documentación e dramatización, día 16 de setembro de 2016 estreamos Código Sapiens no Bizkaia Aretoa de Bilbao integrando a programación de NAUKAS, o noso iluminador evento de referencia. E temos que contar que NAUKAS abriu para nós as portas do Teatro Victoria Eugenia de Donostia para participarmos no prestixiadísimo Passion for Knowledge. Non temos palabras!

Novidades 2018!

Iniciamos 2018 presentando unha nova edición de Código Sapiens, agora defendida en escena por Vicente... en solitario! Antes de Xurxo se embarcar na investigación de novas linguaxes polo mundo adiante :) preparamos este novo espectáculo, que combina os contidos e rigor de Código Sapiens e a experiencia como showman de Vicente Mohedano.

Cargando galería...

2016 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos